Antón Recamán


(Cee, 1985)
nace en Cee, na Costa da Morte, a mediados dos anos oitenta. De neno estuda no colexio Manuela Rial Mouzo e continúa estudos de Bacharelato no IES Agra de Raíces. Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo onde cursou tamén dous mestrados universitarios: un de Tradución Multimedia e Audiovisual e outro de Formación para o Profesorado. Obtén praza como profesor de inglés e actualmente imparte clase no IES Terra de Soneira de Vimianzo.
Antón colaborou, achegando algún poema, coa revista de literatura, xornalismo e investigación Ligeia. Publicou o seu primeiro poemario As Mans Atlánticas da Ausencia no ano 2020 da man de Editora Urutau.
Este segundo poemario chega como un canto ao corpo e a todo aquilo que habita arredor del. Como unha catarse co que nos abrangue e a procura infinda dun punto de apoio sobre que construírse máis alá do ser. Unha mirada á infancia no convencemento de que é o único lugar verdadeiro a través do que argallar a derrota do medo. Un recollemento no corpo propio e nas sensacións que este nos brinda.