Rosa Enríquez
(A Rúa, 1969)
licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente exerce como profesora de francés no Instituto Macías O Namorado, en Padrón. Dende hai doce anos publica un artigo semanal no xornal ourensán La Región. Tamén colaborou en Sermos Galiza, Novas da Galiza, e nas revistas dixitais Incomunidade, Terra e Tempo e Galizalivre. Ao longo do 2014-15, escribiu reseñas literarias no suplemento Pro-Texta da revista Tempos Novos. Despois de obter o premio de poesía Francisco Añón co libro Nas aforas (2005), iniciou a súa traxectoria como poeta ao publicar, posteriormente, Vestíbulo da devastación (2007). No 2011 viu a luz Desobediencia, no 2012 Atlas de Chaguán, no 2014 ESPECTROS e no 2016 HISTORIA DO MEU CORPO EN LABARADAS/HISTORIA DE MI CUERPO EN LLAMAS, que foi publicado en galego e castelán por unha editorial valenciana, Néopatria. Foi incluída en obras poéticas colectivas como Sétimo Andar Poesía Alén (2010), Pegadas (2011), Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011), e nas antoloxías Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, ed. Endymión (2012), e Novas de Poesía. 17 Poetas, publicada pola Fundación Uxío Novoneyra. Tamén publicou unha novela xuvenil de ciencia ficción e fantasía, na editorial Sotelo Blanco, titulada Unicrom (2008)