Yolanda López
(Ourense, 1976). É funcionaria de carreira na Administración de Xustiza. Licenciada en Filoloxía inglesa, técnica superior en turismo, tradutora e pintora, adicouse ao ensino medio e universitario. Realizou o DEA e a tesiña de licenciatura sobre a escritora sureña Eudora Welty. Foi investigadora nas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Castilla-La Mancha, Birmingham, Virginia e Mississippi, así coma no Centro Ramón Piñeiro, onde colaborou con diferentes ponencias e artigos de ensaio.
É autora dos poemarios Verdugos impolutos, 2005, Obertura sen heroe , 2006, Grietas, 2012, Temblor fiero , 2013, Moralla, 2013, Tántalo, 2014, Paisaxes soterradas (Plaquette bilingüe, 2015), Con el tambor del viento , 2015. Galardoada con numerosos premios literariosen Galicia e Madrid, textos da súa autoría aparecen en moitos libros colectivos. Publicou poemas, relatos e artigos de opinión en xornais e revistas literarias diversas. Colaborou no equipo de traballo do manual Niveis de Competencia en Lingua Galega (Xunta de Galicia, 2006). Formou parte do programa de recitais Poesía Nova da Comunidade de Madrid. Participou en recitais benéficos e en homenaxes a intelectuais. Impartiu obradoiros literarios e foi membro xurado de certames para mozos. Participou en espectáculos de poesía, pintura, fotografía, música e danza.
Formou parte dos grupos literarios Bilbao e Poekas de Vallecas de Madrid.