Silvia Penas Estévez


estreita lazos coa poesía arredor do colectivo Redes Escarlata.

En 2009 publica Biografía da multitude en coautoría con Elvira Riveiro Tobío, poemario que acadou o premio de poesía Victorano Taibo dese mesmo ano. En 2013 gaña o I Certame Lueiro Rey de Poesía con As uñas crecen, libro publicado no 2014. En decembro de 2015 publícase Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, premio Avelina Valladares.

Participou na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas da Compañía Inversa teatro, onde tamén se inclúen algúns textos da súa autoría e desempeña o labor de actriz. É cocreadora canda o músico Jesús Andrés Tejada do grupo de poesía escénica Cintaadhesiva, encargada do texto e da voz.

https://www.facebook.com/cintaadhesiva/